Quen somos

FOLIADA INTERCULTURAL ABERTA (FIA)* 

FOLIADA…
Foliada 1. Reunión nocturna de xente para divertirse, cantar e bailar. 2. Diversión buliciosa en que participa un grupo de persoas.

INTERCULTURAL…

Intercultural 1. Que concerne a relación entre culturas. 2. Común a varias culturas.

ABERTA…

Aberta 1. Destinada á difusión xeral; accesible sen restricción. 2. Facer que [algo] comece as súas tarefas ou actividades por primeira vez, despois dalgún tempo ou de modo habitual 3. Susceptible de cambios, que non chegou a unha conclusión.
*[FIA 1. Reunión que tradicionalmente se facía para fiar e onde se cantaba, bailaba e se realizaban certos xogos populares.]

Foliada Intercultural Aberta (FIA) é un colectivo musical baixo o paraugas da Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB).

Na FIA,  queremos crear un espazo aberto para xuntarnos e tocar, bailar e cantar. Ten como misión achegar e dinamizar a cultura galega en Catalunya, tradicional e contemporanea, neste caso no ámbito musical en formato de “Foliada” de periocidade mensual.
O concepto de Foliada Intercultural Aberta representa tamén unha incorporación de distintas influencias musicais doutras culturas:  Festa cultural con música, cantos e bailes galegos abertos aos puntos de vista doutras culturas.

Músic@s, cantantes, bailador@s, preparádevos para a próxima FIA!
Atentos: as datas do evento estarán publicadas no noso blog e facebook (fiabcn.wordpress.com e http://www.facebook.com/fiabcn) así como no blog da ACGB (http://acgbcn.wordpress.com/).