Arquivo da categoría: Novas

Foliada na Festa de Sant Just – 22 de maio

O ano pasado desfrutamos tanto na Festa do barrio de Sant Just (Gòtic – Barcelona) que este ano repetimos!

11205590_839193169500458_1960278712288559100_n

Novo grupo nas Aulas de Pandeireta

As aulas de pandeireta da ACGB abren un novo grupo de nivel inicial, os luns de 19:30h a 20:30h  no barrio de Sants, a partir do mes de abril. Para inscricións e/ou dúbidas, enviade correo a bcnpandeireta@gmail.com

taller_pandeireta_gl_nivel0_terra

31 de xaneiro – Foliada na EuskalEtxea

GALIZA_EUSKALETXEA

O sábado, 31 de xaneiro de 2015 temos foliada no centro cultural Euskal Etxea (Placeta Montcada 1-3, entrada por Arc de Sant Vicenç, Born). Comezamos con forza este novo ano!

A nosa Galiza na Euskal Etxea prográmase neste xeito:

· 13:00 Vermú musical.  Bailaremos e cantaremos coa música da FÍA (Foliada Intercultural Aberta).

Despois do xantar, haberá un obradoiro de muiñeira con Carme Campo (activista cultural e profesora de baile na Gentalha do Pichel).

Horarios:

· 16:30-18:00 nivel inicial

· 18:30-20:00 nivel intermedio

Se estás interesada/o, podes inscribirte enviando un correo electrónico a: aulas.acgb@gmail.com  Lembrade que hai prazas limitadas. Prezo: 8 € (soci@s da ACGB/Euskal Etxea) e 10 € xeral.

· 20:00 Serán tradicional, para rematar a noite. Haberá escenario aberto. Se queres participar,  tes que inscribirte mandando un correo: aulas.acgb@gmail.com Agardámoste!

Obradoiros regulares de pandeireta e canto tradicional galego

Taller_Pandeireta_Cris_gl

En outubro comezan os Obradoiros de Pandeireta e Canto Tradicional Galego.

Nivel iniciación: xoves, de 20:30h a 21:30h

Nivel intermedio: xoves, de 19:30h a 20:30h

Onde? En Carrer Tenor Masini, núm. 50 (Metro Pl. de Sants (L1 e L5) e metro Pl. del Centre (L3)

Duración: do 2 de outubro ao 18 de decembro de 2014

Prezo: 45€ xeral  / 35€ para socias/os da ACGB

Se estás interesada/o envia un correo a  bcnpandeireta@gmail.com

Anímate a mover ferreñas e participar nas FIAs!!

———————————————————————–

A l’octubre comencen els tallers de Pandeireta i Cant Tradicional Gallec

Nivell iniciació: dijous, de 20:30h a 21:30h

Nivell intermig: dijous, de 19:30h a 20:30h

On? Al Carrer Tenor Masini, núm. 50. (Metro Pl. de Sants (L1 e L5) e metro Pl. del Centre (L3)

Duració: del 2 d’octubre al 18 de desembre de 2014

Preu: 45€ general / 35€ per socis de l’ACGB

Si estàs interessat/da envia un correu a  bcnpandeireta@gmail.com

Anima’t a moure ferreñas i a participar a les FIAs!!

 

Obradoiro de Xota Galega con Aitana Eanes

Aproveitando a visita de Aitana Eanes a Barcelona, organizamos un obradoiro de Xota Galega o domingo 21 de setembro, de 11 a 13h , no Ateneu Roig (c/Ciudad Real, 25 – Gràcia – Barcelona). Non se requeren coñecementos ou nivel.

Se estás interesada/o en participar, envía un correo a info.acgb@gmail.com e recibirás información máis detallada.

logo-fia-def

FIA en Terrassa – Sábado 6 de setembro

Este mes de setembro comeza con ganas… primeira Fia da tempada o vindeiro SÁBADO 6 de SETEMBRO, a partir das 17h en “El Kau de les Fades” no Parc Vallparadís (Torrent Munne) en Terrassa. Un espazo ao aire libre neste parque a 10min de FGC e Renfe. Agardámosvos!!

Vallparadis

23 de maio – FIA nas festas de Sant Just

fia_santjust

Este vindeiro vernes, 23 de maio, ás 21 horas temos cita ca FIA (Foliada Intercultural Aberta) na praza de Sant Just en Barcelona. LUME!!!!!!

sant_just

15 de Decembro – TranquiFIA de Nadal

O vindeiro Domingo 15 de Decembro, tedes unha nova oportunidade de unirvos á unha TranquiFIA, a partir das 17h no Ateneu Roig. A TranquiFIA é unha sesión musical aberta, dirixida aos instrumentos que tocan máis baixo, e habitualmente nas foliadas quedan tapados por gaitas e bombos.

Todo o mundo está convidado a participar, xa sexa con instrumentos, cantigas, ou achegándose a compartir un rato musical en boa compañía.

Agardámoste!!

Voltamos coas TranquiFIAs!

Xa temos data para a vindeira TranquiFIA!!!! Será o DOMINGO 6 de OUTUBRO, de 18 a 21h no Ateneu Roig

A idea é dar voz ós intrumentos e cantos que nas foliadas quedan habitualmente tapadiños polas gaitas e bombos!! Ademáis de tomar unhas cañas ou zumes tranquilamente escoitando e tocando música.

Buscamos: Instrumentos que toquen baixiño, tipo frautas, acordeon, ukulele, e cordas varias, zanfona, bodhran, cunchas e culleres, pandeiro…

Repertorio: aberto, basicamente trad-folk galego… pero aberto a escoitar e aprender doutras músicas.

Xa sexa para tocar, cantar ou compartir un bo rato musical… non o dubides!!!

tranqui-fia-ok

14 de setembro: FIA en Cardedeu / Tens ganes de ballar?

(cat abaixo)

Xa está aquí a primeira FIA de outono!! Desta volta aos pés do Montseny!

Será o 14 de setembro no Casino Popular de Cardedeu e haberá taller de baile (impartido por Aitana Eanes), xantar popular e sobre todo… festa!!
Aquí tedes o programa:

FIA CardedeuFIA_Cardedeu

Como chego ao Casino Popular de Cardedeu?

O enderezo é c/ Passeig Mestre Pau Casals nº. 15. Se vides en tren, o Casino está a 5 minutos da estación (R2 Nord). Se vides en coche, nos arredores do Casino é sinxelo aparcar. Aquí tedes a ligazón a GoogleMaps: http://ves.cat/hlR9

Quero quedar a xantar, que fago?
Se nos avisas que quedas para o xantar facilitarás a organización e terás un desconto de 2 €. Para facelo, envíanos un correo co teu nome e o número de persoas que seredes a fiabcn@gmail.com.

(O prezo para soci@s da ACGB é 8 euros, pero agradecemos enviedes igual o correo para calcular ben).

Vémonos en Cardedeu!
————————————————————————————————
Teniu ganes de ballar? Teniu ganes de cantar? Teniu ganes de passar-vos-ho bé i de fer colla, tot gaudint de la cultura gallega, i en un bonic poble al peu del Montseny? Doncs esteu de sort, perquè el proper 14 de setembre farem una FIA A CARDEDEU!!!!!

Com s’arriba al Casino Popular de Cardedeu?

L’adreça del Casino és c/ Passeig Mestre Pau Casals núm. 15. Si veniu en tren, el Casino és a cinc minuts de l’estació (R2 Nord). Si veniu en cotxe, pel voltant del Casino és senzill aparcar. Aquí teniu l’enllaç a GoogleMaps: http://ves.cat/hlR9

Em vull quedar a dinar. Què faig?

Si ens avises que et quedaràs a dinar, cosa que ens facilitarà l’organització, tindràs un descompte de 2€. Per a fer-ho, envia’ns un mail amb el teu nom i el nombre de dinars que vols reservar, a fiabcn@gmail.com.

(El preu per a socis de l’ACGB és 8 euros, però us agraïm envieu també un correu per calcular bé).
Ens veiem a Cardedeu!