Arquivo por autores: salochican

14 de setembro: FIA en Cardedeu / Tens ganes de ballar?

(cat abaixo)

Xa está aquí a primeira FIA de outono!! Desta volta aos pés do Montseny!

Será o 14 de setembro no Casino Popular de Cardedeu e haberá taller de baile (impartido por Aitana Eanes), xantar popular e sobre todo… festa!!
Aquí tedes o programa:

FIA CardedeuFIA_Cardedeu

Como chego ao Casino Popular de Cardedeu?

O enderezo é c/ Passeig Mestre Pau Casals nº. 15. Se vides en tren, o Casino está a 5 minutos da estación (R2 Nord). Se vides en coche, nos arredores do Casino é sinxelo aparcar. Aquí tedes a ligazón a GoogleMaps: http://ves.cat/hlR9

Quero quedar a xantar, que fago?
Se nos avisas que quedas para o xantar facilitarás a organización e terás un desconto de 2 €. Para facelo, envíanos un correo co teu nome e o número de persoas que seredes a fiabcn@gmail.com.

(O prezo para soci@s da ACGB é 8 euros, pero agradecemos enviedes igual o correo para calcular ben).

Vémonos en Cardedeu!
————————————————————————————————
Teniu ganes de ballar? Teniu ganes de cantar? Teniu ganes de passar-vos-ho bé i de fer colla, tot gaudint de la cultura gallega, i en un bonic poble al peu del Montseny? Doncs esteu de sort, perquè el proper 14 de setembre farem una FIA A CARDEDEU!!!!!

Com s’arriba al Casino Popular de Cardedeu?

L’adreça del Casino és c/ Passeig Mestre Pau Casals núm. 15. Si veniu en tren, el Casino és a cinc minuts de l’estació (R2 Nord). Si veniu en cotxe, pel voltant del Casino és senzill aparcar. Aquí teniu l’enllaç a GoogleMaps: http://ves.cat/hlR9

Em vull quedar a dinar. Què faig?

Si ens avises que et quedaràs a dinar, cosa que ens facilitarà l’organització, tindràs un descompte de 2€. Per a fer-ho, envia’ns un mail amb el teu nom i el nombre de dinars que vols reservar, a fiabcn@gmail.com.

(El preu per a socis de l’ACGB és 8 euros, però us agraïm envieu també un correu per calcular bé).
Ens veiem a Cardedeu!

Foliada en Can Mas Deu o próximo domingo 28!

Xa se achega o Magosto, e para ir quentando motores este domingo 28 de outubro haberá unha FIA en Can Mas Deu (www.canmasdeu.net) con taller de baile incluido!

12:00 h Visita guiada en galego a Can Mas Deu.

14:00 h Xantar a cargo d@s amig@s de Can Mas Deu.

16:00 h Obradoiro de baile galego e despois… FOLIADA!

Vémonos no torreiro!!

Por certo, se alguén ainda non se inscribiu ó Magosto…non tedes un minuto que perder! Ó prazo remata este mércores 24. Mais información en https://sites.google.com/site/magostoenbarcelona/

E cada 2º martes de mes TranquiFIA!

E a próxima Tranqui-FIA… o martes 9 de Outubro!
Coma sempre, entre as 19 e as 21h no Ateneu Roig.
Esperámoste!!!!

Chega o outono e chegan…os talleres de pandeireta!

Queres aprender a tocar pandeireta? Queres perfeccionar o que xa sabes? Queres aprender novas cancións? Ser a estrela na próxima FIA?


En outubro comeza un obradoiro que dura ata finais de decembro, con dous niveis: inicial e avanzado. As clases impártense en Sants (cerquiña do metro de Pl. Sants) e hai descontos para os socios da ACGB.
Ademáis, como neste trimestre hai unhas cantas “pontes”, recuperaranse as clases que coinciden con días festivos (total: 12 clases de 1 hora).

Nivel inicial: xoves, de 20:30h a 21:30h

Nivel Intermedio: xoves, de 19:30h a 20:30h

Onde? Carrer Tenor Masini, núm. 50. A 2 minutos do metro Plaça
de Sants (L1 i L5)
Duración: do 11 de outubro ao 20 de decembro de 2012
Prezo: 30€ para os socios da ACGB (Asemblea Cultural Galega de Bcn http://acgb.cat/) / 45€ para non socios
Inscripcions en bcnpandeireta@gmail.com
Número de prazas: 12 en cada nivel

Anímate a mover ferreñas e participar das FIAs!!!

Vols aprendre a tocar la pandereta? Vols millorar el que ja saps? Vols aprendre noves cançons? Sigues l’estrella a la propera FIA!

A l’Octubre s’inicia un taller que dura fins a finals de desembre, amb dos nivells: principiants i avançats. Les classes s’imparteixen a Sants (molt a prop del Metro Pl Sants.) Hi ha descomptes per als membres de ACGB. Com en aquest trimestre hi ha uns quants “ponts”, es recuperaran les classes que coincideixen amb les vacances (total: 12 hores de classe 1).

Nivell inicial: dijous, de 20:30h a 21:30h
Nivell intermedi: dijous, de 19:30h a 20:30h
On? Al Carrer Tenor Masini, núm. 50. A 2 minuts del metro Plaça de Sants (L1 i L5)
Durada: de l’11 d’octubre al 20 de desembre de 2012.
Preu: 30€ per als socis de l’ACGB (Asemblea Cultural Galega de Bcn http://acgb.cat/) / 45€ per als no socis
Inscripcions en el correu bcnpandeireta@gmail.com
Nombre de places: 12 a cada nivell
Aníma’t a moure ferreñas i a participar a les FIAs!!

FIA na Festa Major de Gràcia 2012

Menuda troula onte no Carrer Ciutat Reial!!

Grazas a tod@s pola vosa participación, cantando, bailando… demostrando que @s galeg@s nos atrevemos ata coas habaneras ;-), que temos enerxía para rato e … ¡ que a nosa cultura está máis viva que nunca en Barcelona!

Xa hai algunhas fotos do evento disponibles en Flickr, pero agardamos as vosas, e tamén videos (enviádeos a info.acgb@gmail.com ou o google group da FIA).

E despois dunha festa así, sempre quedan ganas de máis. O día 11 estaremos en Passeig Sant Joan, e xa estamos buscando onde será a FIA de outubro. Tamén continuan as Tranqui Fias e esperamos pronto ter algún taller de baile e pandeireta. Non deixedes de consultar este blogue e o facebook para non perder nin unha pandeirada.

Apertas fiadeiras!